1º SEMINARIO DE INICIATIVAS GALEGAS

Nos días 24 e 25 de novembro de 2007 tivo lugar no local do CDR Ancares o 1º seminario de iniciativas galegas de intervención comunitaria de loita contra a pobreza e a exclusión social.

Nas xornadas fixose un debate aberto por parte de todos para expoñer os problemas e as posibles solucións.
O Fondo Social Europeo, Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar, II Plan Galego de Inclusión Social, Consorcio Galego e a Coordinadora Galega de Plans Comunitarios, foron as entidades encargadas do encontro.
A modo de conclusión o encontro serviu para chegar aos seguintes puntos:
-A territorialidade como variable e clave do traballo na comunidade.
-A despoboación territorial unida ao envellecemento poboacional e ao illamento (fisico ou comunicativo) condiciona a calidade de vida das persoas e require a busqueda de estratexias innovadoras e imaxinativas que se apoien as que xa existen.
-Precisa de renovación continua e do relevo de xente nova que crea nos valores do seu territorio e no traballo na comunidade.
-O arraigo e a vinculación persoal son rasgos imprescindibles para valorizar a cultura propia e a riqueza dos recursos propios.
-A educación é o pilar fundamental e un instrumento imprescindible na conservación e valorización do medio rural e a cultura galega.
-A perda da solidaridade veciñal incide directamente na dificultade de desenvolvemento dos proxectos comunitarios.
-A organización e a coordinación de todos os axentes sociais que están a traballar nun mesmo territorio permite e facilita a supervivencia destes proxectos.
-Existe unha desconexión importante das administracións coa realidade, ignorando a importancia que adquire o contacto directo coa xente no seu propio entorno.
-Parternalismo da administración que predefine e aporta solucións para unha realidade que descoñece mentras impide a implicación corresponsable da sociedade civil que sí a coñece.
-As solucións que aporta a administración non se adaptan as necesidades reais, e polo tanto permite a potencia e proliferación de servizos especializados onde se precisa a integralidade de todas actuacións dende unha perspectiva de comunidade.
-A realidade dun territorio nadie a coñece mellor que os que viven e traballan nel.
-A avaliación do traballo comunitario non se debe deixar en máns dos técnicos de fóra porque non teñen nin coñecen os indicadores e variables que definen as nosas realidades.
-E importantisimo valorizar o noso traballo e é imprescindible crear alianzas entre todas as iniciativas comunitarias.
PERSPECTIVAS DE FUTURO:
-Permanencia no tempo das persoas implicadas e das experiencias comunitarias.
-O futuro será alentador en canto a xente queira que o sexa e se dean as condicións mínimas para poder actuar.
-Os novos nacementos convirtense nun dato esperanzador de futuro.
-Todos coincidimos en que a administración non acerta nas súas solucións, polo tanto os que estan a aportar as solucións dende a comunidade son o futuro.
O FUTURO COMEZA HOXE SE CONSEGUIMOS O PRINCIPAL OBXECTIVO DESTE ENCONTRO:

                  CREAR LAZOS DE SIMPATIA E CONFIANZA ENTRE NOS.


ASOCIACIÓN CULTURAL O TEIXEIRO



A asociación cultural o teixeiro, en Piornedo (Lugo) dispón de páxina web propia:
http://www.teixeiro.hostweb4u.info
Nela pódese atopar información sobre as actividades que a asociación realiza o longo do ano, cursos de música tradicional, festa da pandeira etc... dispón de e-mail de contacto e teléfono.

A TDT (televisión dixital terrestre)

E agora que?, a pouco menos de dous anos para o apagón analoxico, seguimos sin tdt.  Pero esto non é todavia o mais grave, o mais grave e que nos Ancares existen aldeas que non poden ver toda-las canles analóxicas que existen.

  Nalgúns casos so se poden ver a Televisión Española e a Galega, co cal se queres ver Tele 5 ou Antena 3, Cuatro ou xa non digamos a Sexta, pois hai que aguantarse, ou desplazarse uns kilómetros co coche, isto xa ten bemoles.  En fin que comentar non hai moito mais, simplemente dicir que houbo xente que para poder ver a tdt tivo que montar unha parabólica para poder capta-lo sinal, iso é o que hai ter un coste adicional ao decodificador para poder ver ditas canles por tdt.

Non sei sinceramente quen ten que correr cos gasto para  adapta-los centro reemisores de analóxico a dixital pero sexa quen sexa, tanto empresa pública como privada parece que pouco lles importa que as PERSOAS, teño que dicilo con maiusculas porque inda que vivamos no medio do monte según algúns somos civilizados e co suficiente grado de humanidade coma calquer señorito/ta de Santiago, Vigo, A Coruña, Madrid ou Barcelona, pero ahi radica a diferencia os servicios que temos deixan moito que desexar con respecto a vivir noutra localidade.

FENDA TECNOLOXICA

  Estamos inmersos na sociedade da información, vivimos nun mundo no que todo se move moi rápido, ou estás ou non estás, esa é a realidade. A decir verdade en moitos casos un non pode estar dentro desa sociedade da información cada vez mais presente en todo-los ámbitos, xa que vivir nun ou noutro sitio condiciona a participación activa nese medio.  Vivimos nun pais industrializado, somos ciudadanos europeos, atopámonos no S.XXI.  Pois ben,  todo iso e papel mollado cando falamos de posibilidades reais de conexión en zonas das chamadas desfavorecidas, como e o caso obviamente dos Ancares e mais concretamente do concello de Cervantes.

  No concello de Cervantes as realidades tecnolóxicas son todas igual de lamentábles, partimos da base de que a cobertura do móvil en certas zonas e escasa ou nula, por suposto non podemos falar da conexión a internet, en fin un panorama para botarse a chorar.

  A banda ancha a nosa querida banda ancha, parece que estamos a falar dunha cousa útopica irreal, pois aquí si que é algo utopico e irreal, a única forma que ten unha persoa no seu fogar de conectarse a internet é mediante a conexión GPRS é dicir a do telefono móvil. Este tipo de conexión ten unha velocidade media de transmisión de datos de aproximadamente 50Kb/s, unha ridiculez , pero claro podes conectarte lembremos si tes cobertura porque do contrario olvidate obviamente.

  Sempre existe a opción de contectarte a internet utilizando unha conexión via satélite pero claro non é válida para todo-los petos, asi que mellor descartámola, chegados a este punto e necesario facer un inciso, estámos nos Ancares  si temos en conta que e unha zona desfavorecida pois pensamos que queda claro ¿non?.

  Ben chegados a este punto vamos a explicar moi por encima o que é a banda ancha, e facelo de forma entendible.

 

  Poñamos por caso 2 casas e cada unha delas ten que descargar 5 toneladas de mercadoria, para levar esa mercadoria van a ir furgonetas, e cada furgoneta vai levar 10 Kgs de carga.  Á primeira das casas chega ata a porta unha estrada de 5 carriles, as furgonetas ocupan todo-los carriles e en pouco tempo teñen a mercadoria entregada.  Á segunda casa chega unha estrada dun carril ten moitas curvas e trazado sinuoso, as furgonetas teñen que ir moi despacio, e como non se poden adiantar unhas a outras facer o transporte da mercadoria volvese un traballo de dias ou tamén  debido a complexidade da operación optase por non face-la.

 

  Pois ben o resumo desta explicación seria: a primeira casa ten unha conexión de banda ancha descarga por exemplo 500Mb de datos en poucas horas. A segunda casa ten unha conexión das denominadas básicas,(gprs, liña básica de telefónica),facer esa descarga de datos e completamente desaconsellable.

  Quere decir isto que non vale conectarse a internet cunha conexión básica, estámos no século XXI para poder acceder con garantías a todo-los contidos da rede é necesario dispor de conexións de banda ancha, do contrario a fenda tecnolóxica seguirá medandro ano a ano.

  O CDR Ancares, en colaboración con CAS,(Colectivos de Acción Solidaria) dentro do marco do Plan Avanza está levando a cabo o proxecto de achega-las novas tecnoloxias as zonas mais desfavorecidas, ou como explicamos arriba con dificultades tecnolóxicas patentes.

http://cdrancares.blogspot.es/img/avanza.jpg 

  O programa ten como base achegar os fogares as novas tecnoloxías, manexo básico do ordenador, conexión a internet etc...

  No concello de Cervantes todas aquelas persoas que queiran recibir formación nas novas tecnoloxias no seu fogar poden face-lo. O único que teñen que facer é poñerse en contacto co CDR Ancares no telefono 982364560.

CDR ANCARES

CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL "ANCARES" http://cdrancares.blogspot.es/img/logo.jpg

 

 

 

 

1º-. A historia do C.D.R. "Ancares" naceu no ano 1986, ainda que non nos rexistramos legalmente ata febreiro de 1.992.

Traballamos no concello de Cervantes que é un concello da montaña luguesa de 276 Km2 nos que están esparcidos 139 pobos con 1973 persoas.

Os membros do Centro foron variando ó longo destos anos pero unha constante manense: a incorporación de xente da zona. Na actualidade somos 9 socios máis 19 voluntarios que colaboran activamente nunha parte importante das accións.

O funcionamento do equipo ten catro fontes básicas de financiamento: subvencións, donativos, fondos propios, aportacións en traballo, material, locais, etc. por parte do equipo e do grupo de voluntarios/as.

Somos socios fundadores de: Colectivos de Acción Solidaria (unha asociación que unha asociación que aglutina a 19 grupos de desarrollo rural de distintos sitios da xeografía española máis varios socios individuais, e que nos permite acceder todos os anos a subvencións do Ministerio de Asuntos Sociais na convocatoria do IRPF. A Universidade Rural Galega, a Coordinadora de iniciativas galegas de intervención comunitaria, Caritas y preescolar na casa.

2.-Metodoloxicamente teñen importancia básica tres elementos:

 

   a)  Ser ou estar na zona: coñecemento e trato veciñal; coñecemento da problemática, dos recursos e doutros proxectos da zona; empatía, valoración positiva e gañas de colaborar no desenrolo propio e no das persoas coas que se vai actuar.

   b)  Moverse: como a dispersión da poboación é moi grande e as dificultades para comunicarse  e xuntarse tamén faise necesario que os animadores e os propios veciños viaxen constantemente pola zona para visitar, aprender, animar, apoiar, asesorar, coordinar, acompañar...

 

3.-Programas:

 

   a)  Programa económico-

   - Xuntanzas polos pobos para: organización de comunidades de montes, de veciños, realizacións de pastizais, etc

   -Visitas ás explotacións agrarias para promover melloras técnicas.

   -Preparación de sesións de formación e charlas informativas dirixidas a toda a poboación.

   -Colaboración coa cooperativa "A Carqueixa" na xestión de ventas (vacún de carne, castañas, mazás) e compras (gasóleo, pensos, abonos..)

Temos a convicción de que sen melloras no sistema de producción non vai haber melloras sociais e por iso adoptamos este programa como o prioritario.

 

 

   A Cooperativa naceu do empeño de 27 persoas que en contra da opinión dos "tecnicos" decidiron montala; o tempo veu darlles a razón pois foi un acicate que nimou a toda a zona e aumentou a autoestima; hoxe son 249 socios.

  Fomos aprendendo que o déficit de capital e de nivel nos criterios de rendibilidade marcados pola P.A.C hai que superalos con xenerosidade e creatividade; se non houbesen costeado e buscado novas fórmulas de venta, se non houbesen mandado becerros sen saber certamente se iban cobrar ou non...a cooperativa non sería posible.

 

 

   Tamén aprendemos que os cambios de verdade e duradeiros non empezan pola terra senón polas cabezas e polo tanto progresar significa un traballo educativo a partir de experiencias concretas.

  Fixéronse bastantes melloras técnicas e multiplicáronse as cabezas de gando pero moito queda po facer para acadar niveis de vida dignos e isto pasa por ser capaces de buscar fórmulas económicas que complementen a gandería, a construcción e o turismo rural. 

 

    b) Programa de maiores:

 

         - Pequenos arranxos nas vivendas.

         - Percorrido diario de visitas os/as vellos/as.

         - Colaboración con Cáritas na realización do programa "Vivir na Casa".

         - Realización de xestións e visitas ós hospitais.

         - Visitas de acompañamento ó médico, órganos de xestión.

 

Dos 1973 habitantes de Cervantes 714 son maiores de 65 anos e destes 284 viven sen ningunha persoa menor de 65 anos na casa. Desde fai 18 anos marcharon, que nosoutros controlemos, para a cidade ou para residencias 83 vellos/as (algunhas ainda hoxe nos doen).

  Como non hai transporte público os gastos para ir ó médico ou facer xestións necesarias ascenden de xeito considerable e descriminante respecto dos vellos/as das cidades ou dos pobos grandes.

  Ó longo destes anos fomos aprendendo 1) que non queremos que se nos vaian máis vellos/as e que temos que buscar fórmulas para que poidan quedar na casa de xeito digno. Por digno entendemos: que cada ancián poida decidir, en diálogo coa coordinadora do programa, cando, quen e que axuda necesita; alguén cercano que poida levalo/a rapidamento ó médico en caso de urxencia;uns mínimos de hixiene, alimentación, vivenda; veciñanza...e 2) que os nosos maiores son un excelente recurso humano, cultural e económico. 

 

   c)  Promoción da muller.

        - Visitas á maioria das mulleres do concello para falar dos seus problemas e a súa dispoñibilidade.

        - Algunhas xuntanzas esporádicas para tratar temas que lles preocupen.

        - Organizacións de cursos de formación escollidos por elas.

        - Visitas para acompañar algunhas mulleres ó medico ou facer algunha xestión.

        - Visitas de asesoramento e acompañamento persoal.

       En Cervantes hai 883 mulleres das que 353 son menores de 65 anos. Se nos poñemos a escribir a riqueza e a problemática de todas estas mulleres seguro que enchemos un dos libros máis bonitos e tenros e ó mesmo tempo máis duros da actualidade. Como este non é nin o contexto non o obxectivo destas liñas só diremos que nosoutros nos limitamos a 1) visitar e acompañalas todo o que podemos; 2) poñer por escrito e transformar en proxecto presentable as inquedanzas que lles imos escoitando e 3) artellar na medida en que podemos xuntoiros, obradoiros, cursos, cenas e "juergas".

 

 

 

    Do mais visible que fixemos últimamente foi artellar dúas tandadas de clases aquí en Cervantes para obter o carné de conducir un total de 28 mulleres: hai que decilo: un éxito, todas teñen hoxe  o prezado carné e a algunhas "cambioulles a vida".

   Agora andamos preparando outros cursos de informática e mulleres son a mairande parte (2 homes) das voluntarias que levan adiante o programa de nenos/as.

  No día a día quedan moitas mulleres ás que chegar, moitos esteriotipos que romper e moitos empregos que crear e moitas... preo cando vemos algunhas das "juergas" ou a evolución dalgunha delas reafirmámonos en que merece a pena e que hai que seguir.

 

 

   d) Programa de nenos/as

       - Visitas personalizadas a cada unha das familias que presentan situacións problemáticas.

       - Reunións semanais encol de actividades de lecer e tempo libre.

         . Formación de equipos de fútbol.

         . Sesións de autoestima e valoración da zona.

         . Sesións de xogos didácticos.

         . Sesións de manualidades.

       - Reunións semanais para realizar actividades de apoio escolar.

       - Apoio económico e de asesoramento algunhas familias.

       - Varias viaxes para leva-los nenos/as ó cine...

 

 

En Cervantes temos 114 nenos/as en idade escolar. Presentan, ó noso entender, tres problemas particularmente preocupantes.

 

   1-A dispersión e o illamento. Hai bastantes nenos/as que, agás nun contexto tan regrado como é o colexio, pasan o dia con persoas  adultas ou como moito teñen no pobo outro ou dous nenos/as e probablemente de idades moi dispares.  Entendemos que isto é un problemón por canto carecen dos "feek-baak" axeitados que lles permita ir elaborando unha imaxe correcta de si mesmos asi como ir elaborando mecanismos  de defensa fronte ás agresións ou as normais frustracións. Sen entrar en máis matizacións, fronte a este fenómeno nosoutros pretendemos reforzar ou organizar o meirande número posible de tempos e espazos para que os/as nenos/as convivan e xoguen coa maior liberdade posible.

 

  2-Moi baixa autoestima e negativa valoración do seu entorno. Fronte a isto organizamos actividades lúdicas e formativas que volteen esta dinámica.

  3- Por razóns que non procede aquí analizar temos un elevado fracaso escolar.  Fronte a isto organizamos grupos de apoio escolar, totalmente insuficientes porque non dispoñemos de moitos medios e sobre todo falta xente con formación academica suficiente (sobre todo para ESO) que poida e queira meterse nesta historia. Neste traballo temos unha estreita colaboración cos colexios.

  4-De cara ó futuro estamos bastante animados ainda que ás veces nos poida tanta xente que se nos vai, tanta chimenea que para de fumear, tanta "polavila" esmorecida, tanto supenso nos/as nenos/as... Será por iso que ás veces botamos de monos grupos doutras zonas de Galicia parecidas á nosa e con formas parecidas de traballar cos que compartir, xente con teimas parecidas para animarnos, plataformas que permitan xestionar cartos e organizarnos ós que pelexamos por un modelo de desenvolvemento dalgún xeito alternativo...

 

 

 

 

Albergado en:blogspot.es

Noticias: Noticias

Contador gratis contadorplus.com